Historia

Fundada en Madrid no ano 2000 polo seu actual Presidente, José Luis Rodríguez García, Nova Economía Fórum posicionouse decontado na vangarda do debate político, económico e social, tornándose un referente indispensable para políticos, economistas, empresarios, para o corpo diplomático e para os medios de comunicación de toda España.

A coidada selección dos seus relatores, a intensidade da súa programación, o seu carácter neutral e aberto e a exquisita organización das súas actividades consolidan as conferencias e debates de Nova Economía Fórum como as de maior alcance, calidade e consideración de España.

Dende a súa creación, a organización xogou un papel esencial no panorama nacional e internacional, grazas á súa capacidade para lles proporcionar aos líderes dos diferentes eidos un foro no que compartiren coñecemento, experiencias e estratexias.

Na actualidade, Nova Economía Fórum desenvolve as súas actividades de xeito estable en Madrid, Barcelona e Bilbao, ao tempo que as vén organizando con regularidade na Coruña, en Alacante, nas Palmas, en León, Lugo, Palma de Mallorca, Pamplona, Santa Cruz de Tenerife, Santander, Santiago de Compostela e Valencia.