Xavier Vence
Xavier Vence

Xavier Vence Deza naceu en Rodeiro no ano 1961.
Vida académica
Desde 1998 até a actualidade é Catedrático de Economía Aplicada da USC.
Coordinador do Grupo de investigación ICEDE e do Máster Desenvolvemento Económico e Innovación da USC. Coordenador do Programa de Doutoramento Economía e Empresa.
Estudou, con bolsa, a EXB e o bacharelato no Instituto Santa Irene de Vigo e logo realizou a licenciatura de economía na Universidade de Santiago entre 1979 e 1984.
Rematou coa tese de licenciatura sobre “Capitalismo e desemprego en Galiza”, publicada por Edicións Xerais en 1986.
Realizou estudos de doutoramento en Amiens e Paris en 1986 e 1987.
Doutor en Economía Aplicada pola USC en 1989 cunha tese de doutoramento sobre “Cambio tecnolóxico e innovación na industria”.
Ao longo da súa traxectoria profesional dirixiu varios proxectos de investigación europeos, estatais e galegos sobre temas de Economía e Políticas de innovación, modelos de financiamento innovación, Crecemento, Desigualdade, Globalización e Neoliberalismo.
Traxectoria no nacionalismo
Milita no nacionalismo desde 1977, ano no que entrou en ERGA e da que sería secretario nacional no curso 1980-81. Afiliado e colaborador da CIG dende 1984.
Participou na elaboración das propostas económicas dos sucesivos programas electorais do BNG dende 1997.
É membro do Consello Nacional do BNG dende 2012.
Cargos académicos e distincións
Membro do Comité de Expertos da Comisión Europea (DG-Regio) en materia de política rexional e asesor para a implementación da Política de Cohesión e das Smart Specialization Strategies.
Membro da directiva da EPIP Association (European Policy for Intellectual Property)
Vogal da Comisión Executiva da AECR (Asociación Española de Ciencia Rexional)
Vogal da Xunta directiva da SEM (Sociedad de Economía Mundial)
Director do IDEGA (Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galiza) entre 1991-95.
Membro do Grupo de Investigación en Economía y Política de la Innovación (GRINEI) na Universidad Complutense de Madrid.
“Honorary Associate Fellow” University of Manchester (PREST and CRIC -Centre for Research on Innovation and Competitivity).1997- 2000
Professeur Invité Université Paris-Dauphine. 1999
Investigador invitado Università della Sapienza. Roma. 1995.
Investigador na Université de Picardie et CRMSI (Centre de Recherche sur les Mutations des Societés Industrielles) de Paris. 1986-87
Coordinador da Área de Economía do Seminario de Estudos Galegos (dende outubro 2003).
Membro correspondente da Real Academia Galega.
Liñas de investigación
Economía de Galiza
Economía da Innovación e Servizos
Políticas de innovación e Sistemas Rexionais de Innovación
Crecemento, desenvolvemento económico e desigualdade
Sistemas de financiamento da innovación empresarial
Globalización, Neoliberalismo e Crise
Obras e colaboracións na prensa
É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro e do Consello científico da Revista Galega de Economía e da revista Principios. Colaborador habitual da revista Tempos Novos, Radio Galega, Sermos Galiza e do desaparecido Xornal de Galicia.
Alén das ducias de artículos en revistas científicas, destacan os seus libros en diferentes idiomas:
Capitalismo e desemprego en Galicia.
Economía de la Innovación y del cambio tecnológico.
Wealth from diversity.
Industria e innovación.
Política tecnológica comunitaria y cohesión regional.
Unión Europea y crisis del Estado de Bienestar.
O fracaso neoliberal en Galiza.
Salarios e custo da vida.
Crecimiento y políticas de innovación.
Os libros máis recentes son:
Crise e radicalización neoliberal, as alternativas silenciadas (Laiovento, 2011).
Crise da Unión Europea Neoliberal, unha alternativa soberanista e democrática (Fundación Galiza Sempre, 2013).
An alternative governance for the European Union (CMC, 2013)