Visión

Somos testemuñas dunha realidade en constante transformación que esixe organizacións e persoas que sexan quen de levaren a cabo análises repousadas das novas tendencias e de impulsar perspectivas diferentes sobre asuntos globais de toda índole.

Nova Economía Fórum é unha organización de debate capaz de atraer os máis relevantes relatores para tratar asuntos de actualidade, cunha forte capacidade de motivar audiencias en coloquios que alentan e promoven o pensamento sobre temas de permanente interese. As súas tribunas conforman puntos de encontro nos que se lles dan respostas aos diferentes interrogantes da nosa convivencia.

A confianza dos relatores e das diferentes institucións e organizacións por eles representados, o recoñecemento do público asistente e o apoio dun variado grupo de entidades patrocinadoras e colaboradoras fan posible a realización das nosas distintas plataformas de debate.