Valores

Consideramos que unha axeitada aproximación á nosa sociedade só pode vir dada dende unha activa defensa do pluralismo e desde un profundo respecto ás diferenzas. Nova Economía Fórum fai súas as normas fundamentais e o espírito de convivencia dos sistemas democráticos ao tempo que se suma á Declaración Universal de Dereitos Humanos e aos principios recollidos na Constitución Española.

Nova Economía Fórum manifesta unha notable vocación internacional nas súas actividades e temas de debate e préstalle unha especial atención ao espazo europeo e latinoamericano.

Neutralidade, pluralidade e tolerancia son os valores fundamentais que inspiran a nosa actividade cotiá e aqueles nos que se apoia a nosa organización no seu obxectivo de promover o debate e o diálogo construtivo.