Guillerme Vázquez

Guillerme Vázquez

.

Vigo, Pazo Los Escudos (Alcabre, Avda. Atlántica, 106) 9:00 horas

Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de Itínere y Audasa. Plazas Limitadas

Guillerme Vázquez

Portavoz Nacional del Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Mostrar Biografía

Naceu en Pontevedra en 1952

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no instituto de secundaria Frai Martín Sarmiento de Pontevedra.

Foi elixido deputado do BNG no Parlamento de Galicia en 1993 pola circunscrición de Pontevedra, cargo que simultaneou co de concelleiro en Pontevedra a partir de 1995. En 1996 figura como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións ao Congreso, e sae elixido. Foi deputado entre este ano e o 2004.

En 2003 volve ser elixido concelleiro en Pontevedra e ocupa diversas responsabilidades no goberno municipal. Así mesmo, Vázquez tivo os cargos de responsábel local e comarcal do BNG en Pontevedra, e foi membro do Consello Nacional e da Executiva (antes Comisión Permanente) en varias etapas.

É portavoz nacional desde a Asemblea Extraordinaria de maio do 2009.