José Ramón Gómez Besteiro

José Ramón Gómez Besteiro

Presidente de la Diputación Provincial de Lugo y Secretario General del PSdG
Mostrar Biografía

José Ramón Gómez Besteiro naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo, sendo o menor de tres irmáns. Ten 44 anos e dous fillos. É Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
 
Dende moi novo sempre tipo claro que quería pertencer ó Partido Socialista polo que fíxose militante ó rematar os seus estudos universitarios en Santiago. Con 31 anos, cando estaba exercendo a súa profesión como avogado nun despacho propio, tivo que deixalo para formar parte do primeiro Goberno progresista na historia democrática da cidade luguesa tras décadas de gobernos populares.
 
Entre 1999 e 2007, foi Voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, Concelleiro de Urbanismo e Deputado provincial.
 
O 14 de xullo do 2007, Gómez Besteiro convertíase no primeiro militante do Partido Socialista de Galicia que presidía a Deputación de Lugo. No mandato quedaron saldadas as grandes débedas históricas que arrastraba a institución como o pago do canon hidroeléctrico, a transferencia dos hospitais ó SERGAS, a creación da UNED e a posta en marcha da rede provincial de parques de bombeiros, ademais dunha total apertura da Deputación á cidadanía e ós Concellos nunca antes experimentada.
 
A singularidade de ser o primeiro socialista que presidía a Deputación aínda o foi máis, se cabe, nos comicios municipais de 2011. Lugo foi o único caso en España no que o PSOE acadou tanto o Goberno da provincia como o da capital, sendo, ademais, un dos oito gobernos provinciais en todo o Estado liderados por un Presidente socialista. Gómez Besteiro revalidaba entón o apoio dos cidadáns, sendo o único socialista que na actualidade dirixe unha Deputación en Galicia.
 
Gómez Besteiro entrou a formar parte, en febreiro de 2012, no Comité Federal do Partido Socialista. Ese mesmo ano, remataba a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE xa que, por aclamación, era nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE por Lugo.
 
Fuente: www.deputacionlugo.org