José Manuel Barreiro

Evento con

José Manuel Barreiro

Santiago de Compostela, Hostal Parador de los Reyes Católicos (Praza do Obradoiro, 1)
FÓRUM EUROPA. TRIBUNA GALICIA

Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de Itínere y Audasa. Plazas Limitadas

Ponentes

José Manuel Barreiro

Presentador de Manuel Baltar
Mostrar Biografía

Mostrar biografía

Senador por Lugo
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nado o 18 de setembro do 1957, en Lugo
Casado, 2 fillas

Datos Académicos e Profesionais

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Comercialización e Investigación de Mercados de dita Universidade. Premio extraordinario.

Membro da Real Academia das Ciencias Económicas e Financeiras.

Desde 1983 impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela, nun primeiro momento na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus compostelán e posteriormente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

Así mesmo, ten participado nos órganos de xestións da citada institución universitaria como integrante do Vicerreitorado do Campus de Lugo e responsable da Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na capital luguesa.

Na empresa privada foi adxunto á Dirección Xeral do grupo Televés de Santiago no período 1983-1991.

Datos Políticos

1995-1999: Exerceu como 1º Tenente de Alcalde, Concelleiro Delegado de Economía e Portavoz no Concello de Lugo

Deputado no Parlamento de Galicia dende as Eleccións Autonómicas do ano 1997 ata xullo de 2007:

V Lexislatura (1997-2001) foi Voceiro de Economía do Grupo Popular, Presidente da Comisión de Agricultura e Presidente da Comisión non Permanente de Investigación sobre as “Vacas Tolas”, Voceiro na Comisión do Consello de Contas, ademais de Vocal nas Comisión de Industria e Educación. Así mesmo foi administrador do Grupo Parlamentario Popular.

VI Lexislatura (2001-2005) continuou como Portavoz nas Comisións de Economía e do Consello de Contas, asumindo o encargo de Vocal na de Agricultura e de Presidente na Comisión de Emigración e de a Comisión non Permanente de Investigación da Catástrofe do Prestige.

Deixou estas responsabilidades parlamentarias logo do seu nomeamento como Conselleiro de Medio Ambiente (Xaneiro de 2003 ata agosto 2005)

Vicepresidente Segundo da Xunta de Galicia (10 setembro 2004 - agosto 2005).

VII Lexislatura (2005-xullo 2007) Voceiro do Grupo parlamentario Popular 

Cargos no Partido Popular

Presidente provincial do PP de Lugo (desde abril 2002)
Vicepresidente do PP de Galicia
Membro do comité executivo nacional do PP

Na actualidade

Concelleiro voceiro de economía do Grupo municipal Popular (16 de xuño de 2007)
Voceiro do grupo provincial popular na Deputación de Lugo (14 de xullo de 2007)
Senador (1 de abril de 2008) IX lexislatura. Voceiro de Economía do Grupo Popular