Rafael Louzán

Rafael Louzán

Presentación de Agustín Hernández
Mostrar Biografía

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, nace o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra), concello no que actualmente reside.

A súa carreira profesional iníciase como funcionario no propio Concello de Ribadumia, actividade que combina coa súa faceta empresarial.

No ano 1995 preséntase no seu concello ás eleccións municipais dentro das listas do Partido Popular e é nomeado tenente alcalde. En agosto dese mesmo ano toma posesión como deputado na Deputación Provincial de Pontevedra en representación da comarca do Salnés. En 1996 asume unha das vicepresidencias da institución provincial, cargo que ocupou ata o seu acceso á presidencia o pasado 12 de xullo de 2003.

En 1998 foi elixido secretario provincial de organización do Partido Popular de Pontevedra e, en maio de 2000, presidente provincial desta formación política. En xullo dese mesmo ano pasa a ocupar un posto no comité executivo galego do PP e é nomeado para formar parte da xunta directiva nacional do Partido Popular.

En abril de 2002 foi reelixido presidente provincial do PP.

Tras as eleccións de maio de 2003, e sendo concelleiro por Ribadumia, en xullo do mesmo ano e nomeado por vez primeira presidente da Deputación de Pontevedra.

Nas pasadas eleccións de maio de 2007 noméano de novo concelleiro do Concello de Ribadumia e o 26 de xuño de 2007 e reelexido presidente da Deputación de Pontevedra.