Miguel Anxo Fernández Lores

Miguel Anxo Fernández Lores

.

Vigo, Pazo Los Escudos (Alcabre, Avda. Atlántica, 106) 9:00 horas

Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de Itínere y Audasa. Plazas Limitadas

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde de Pontevedra
Mostrar Biografía

Nace en Vilalonga, Sanxenxo, en 1954. É o maior de 2 irmáns. Na actualidade está casado e ten 4 fillos. Fíxose médico na universidade compostelana, despois de cursar o bacharalato en Pontevedra. Facía prácticas no Hospital Provincial da capital mentres traballaba nas bateas de Raxó. Máis tarde foi nomeado médico en Mosteiro - Pol (Lugo), donde pasa 3 anos. Unha vez incorporado á Seguridade Social, destínano a Samos (Lugo), onde se estrea como concelleiro do BNG, cargo que desempeña durante 1 ano, ate que pode voltar a Pontevera, donde atopa praza no Ambulatorio Virxe Peregrina.

É elixido concelleiro de Pontevedra en 1987, como único representante do BNG. Desde aquela foi ascendendo en número de apoios ate 1999, ano en que é proclamado alcalde despois de obter 10 concelleiros. Os primeiros 4 anos goberna a cidade en minoría. O segundo e o terceiro períodos, co apoio do Partido Socialista.

A política
Aínda que sone un pouco raro decilo, penso que a miña dedicación tanto á medicina como á política ten que ver co meu gusto polo contacto coa xente, por poder ser socialmente útil. Ten que ver cunha concepción da vida, coa necesidade de devolverlle á sociedade todo o que ela me deu".

O deporte
mpre me gustou facer deporte. De neno xogaba ao “niche”, ao trompo e á billarda cos meus colegas. Gustábame pescar polbos co bicheiro e a raña, de xeito artesanal. Despois xoguei ao fútbol, de porteiro no Vilalonga, donde xoga hoxe o meu fillo, a quen vou ver sempre que podo. Máis adiante afeccioneime ao tenis. Unha semana cada ano dedicamos unhas pequenas vacacións familiares á neve. Agora, despois dunha operación, deixei o tenis e o futbol polas cartas (sobre todo o mus) e a natación, que é o deporte máis recomendábel nestes casos.

A familia
Gozo moito da miña vida familiar, compartindo actividades domésticas, especialmente a cociña. Cociñando unhas boas caldeiradas de polbo ou raia. Tamén os marmitakos e os cocidos son dous dos pratos de cabeceira. Son bastante bo cobrindo sudokus. Cada día fago un polo menos e canto máis difíciles son, máis me estimulan.

Libros, cinema, música
En canto á literatura, sonará a tópico, pero entre levar os chavales a entrenar, ao instituto e a axenda propia do alcalde, quédame realmente pouco tempo para ler. Teño lido moito, sobre todo noutra época. Gosto de toda a literatura, da galega e da universal: Rosalía, Curros, Castelao, Manuel María, Xoan Cabana, Blanco Amor. Tamén os latinoamericanos… Benedetti, Galeano, García Márquez. Actualmente estou lendo La Sombra del Viento, de Carlos Ruiz Zafón.

Cinema vexo bastante, especialmente en televisión. Se teño que elixir un filme éste sería Alguén voou sobre o niño do cuco, especialmente aquela escea na que un protagonista racha os cristais para fuxir do manicomio. Tamén me gusta Spielberg e se teño que elixir un filme dos últimos tempos, quédome con Mar Adentro.

E na música son de gustos clásicos… Dire Straits, coa guitarra e a voz de Mark Knopfler, ademáis de Leonard Cohen. Tamén me gusta o folk que se fai no noso país. É moi meritorio o traballo de xente como Berrogüeto ou Milladoiro, só por citar algúns, xa que todos teñen un altísimo nivel. Tamén disfruto coa música clásica e a de banda. Recoméndolles a todos unha pequena xoia: o violinista pontevedrés Manuel Quiroga é un dos meus últimos descobrimentos.