Ramón Villares

Evento con

Ramón Villares

Santiago de Compostela, Parador Hostal dos Reis Católicos (Praza do Obradoiro, 1)
FÓRUM EUROPA. TRIBUNA GALICIA

Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de Itínere y Audasa. Plazas Limitadas.

Ponentes

Ramón Villares

Presentador de Francisco Caamaño
Mostrar Biografía

Mostrar biografía

Ramón Villares é membro electo do Pleno do Consello da Cultura Galega desde 2003, ano no que comezou a dirixir o seu Arquivo da Emigración Galega e a Sección de Cultura Galega no Exterior. É Doutor en Historia desde 1980 e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. 0 20 de abril de 2006 foi elixido presidente do Consello da Cultura Galega.

É autor de máis de setenta publicacións, entre as que destacan libros como La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, (1982), Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, (1982), Galicia. A Historia, (1984) (con versión en lingua española e portuguesa), Figuras da nación, (1997), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, (2001) (en colaboración con A. Bahomonde) e Historia de Galicia (2004). Tamén foi editor de libros como Donos de seu, (1988) e de Señores y campesinos en la península ibérica, siglos XVIII-XX, (1991) (en colaboración con Pegerto Saavedra).

Decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e Rector Magnifico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e Presidente (1996-2002) da Asociación española de Historia Contemporánea, foi Director en Galicia da UIMP desde 1998 ata 2006. Dirixiu dezaseis Teses de doutoramento e vinte Memorias de Licenciatura, ademais de ter sido tamén Investigador Principal de cinco Proxectos de Investigación (CYCIT e Xunta de Galicia), así como de varios Convenios de Asistencia Técnica.

Realizou estadías de investigación na Universidade de Bologna (Italia) e no centro “Alcide Cervi” de Roma, ademais de ser Profesor convidado na Ecole de Hautes Etudes (París) e no Instituto de Ciencias Sociais (Lisboa). Forma parte do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia e pertence ao consello asesor de revistas como Ayer (M.Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México).