Pilar Rojo Noguera
Pilar Rojo Noguera

Datos Persoais:
• Naceu na Coruña. Casada, 2 fillos.
Datos académicos e profesionais:
• Arquitecto superior, titulada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, nas especialidades de edificación e de urbanismo.
• Diplomas de directivo da Xunta de Galicia e diploma de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública.
• Ata 1988 traballou, como profesional liberal, nos campos da arquitectura e do urbanismo.
• Nese ano ingresou, por oposición, como funcionaria de carreira no Corpo de Arquitectos da Hacienda Pública. Entre 1989 e 1990 desenvolveu a súa actividade como arquitecta de Hacienda en Palma de Mallorca.
• De 1990 a 1996 exerceu como arquitecta de Hacienda na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra.
• Foi membro electo do claustro constituinte da Universidade de Santiago de Compostela, en representación dos alumnos de doutoramento (1986-1988); vocal do Xurado Provincial de Expropiación Forzosa de Pontevedra (1990-1996); vocal do Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria Urbana de Baleares (1989-1990) e de Pontevedra (1990-1996)
• En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia en Pontevedra, cargo que ocupou ata finais de 2001.
• No ano 2001 (VI Lexislatura) foi elixida deputada do PPdeG por Pontevedra no Parlamento de Galicia, cargo para o que foi reelixida na VII, VIII e IX lexislaturas.
• O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005.
• Como parlamentaria, na VI lexislatura, desempeñou as funcións de presidenta da Comisión de Educación e Cultura, vicepresidenta da Comisión de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente, e voceira de Asuntos Europeos.
• Na VII Lexislatura foi voceira Adxunta do Grupo Parlamentario Popular, así como voceira de Vivenda e de Urbanismo.
• Nesa mesma lexislatura foi membro da Comisión de estudo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e formou parte das comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos; e da de Educación e Cultura.
• O 1 de abril de 2009 foi elixida presidenta do Parlamento de Galicia (VIII Lexislatura), cargo para o que foi reelixida o 16 de novembro de 2012 (IX Lexislatura).
• En marzo de 2011 resultou elixida presidenta da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA), por un período de un ano.
Datos políticos:
• Forma parte do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.
• É membro do Comité Executivo Rexional, da Xunta Directiva Rexional e do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia.
• É membro do Comité Executivo Provincial e do Comité Executivo Local de Pontevedra.