José Antonio Orza
José Antonio Orza
Nacido en Boqueixón en novembro de 1941.
Casado con tres fillos.
DATOS ACADÉMICOS E PROFESIONAIS:
- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago.
- Profesor axudante na Cátedra de Economía e Facenda de Dereito na Universidade de Santiago nos cursos 67 e 68
- Membro do Corpo Superior de Inspectores de Finanzas do Estado dende 1971.
- Prestou os seus servizos en Madrid, Zamora, Bilbao e A Coruña.
- Director Xeral de Tributos e Política Financeira na Consellería de Economía e Facenda (1982-1985).
- Conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en 1986 e dende 1990 ata o 2005.
OUTROS DATOS:
Ten sido Secretario Executivo de Economía e Emprego do PPdeGalicia.
Na anterior Lexislatura no Parlamento foi presidente da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos e membro da Comisión de estudio da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. Formou parte tamén da Comisión de Asuntos Europeos e de relacións co Consello de Contas.
Actualmente é Conselleiro do Consello de Contas de Galicia.
