Alba Nogueira

Alba Nogueira

Profesora de Dereito Administrativo da USC, Investigadora Principal da Rede Armela
Mostrar Biografía

Naceu o 7 de Agosto de 1968 en Toba (Cee), A Coruña, e na actualidade é Profesora Titular de Universidade de Dereito Administrativo (Acreditada para o corpo de Catedráticos desde 5.10.2010). Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago en 1991 e doutora por esta mesma universidade en 1997, fixo tamén unha Licence en Dereito Europeo e Internacional na Université Catholique de Louvain (92-93). Realizou estadías de investigación entre outros no Colexio de Europa de Bruxas, Instituto del Agua y de las Ciencias Ambientales na Universidade de Alicante, na Universidade de Harvard, no Centre for Environmental Technology do Imperial College de Londres, e na Università di Bologna. Participou como experta no Steering Committee On Local And Regional Democracy do Consello de Europa.
 
É membro do Observatorio de Políticas Ambientales e do Observatorio Galego de dereitos lingüísticos. Tamén dos Consellos Científicos das revistas  Llengua i Dret, Actualidad Jurídica Ambiental e Revista Catalana de Dret Ambiental. É membro desde 2009 da Comisión de Lingua e Comunicación do Consello da Cultura Galega e forma parte do Consello científico do Centro de Estudios de Dereito Ambiental da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona. As liñas de investigación principal encádranse no Dereito ambiental, Dereito Administrativo Económico, dereitos lingüísticos, Dereito universitario e Dereito Público Autonómico.
 
Entre as monografías publicadas e dirixidas deben resaltarse: Estatuto xurídico da lingua galega (Xerais 2005); Ecoauditorías, intervención pública ambiental y autocontrol empresarial (Marcial Pons, 2000); Régimen jurídico de la selección del profesorado universitario (Atelier, 2004); Evaluación de impacto ambiental. Evolución normativo-jurisprudencial, cuestiones procedimentales y aplicación sectorial (Atelier, 2009); Titularidad, competencias y fiscalidad de las aguas minerales y termales. Marco comunitario de protección ambiental (Thomson-Aranzadi, 2009); Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts' evaluation"  (Council of Europe 2011), La Termita Bolkestein (Civitas, 2012).
 
Fuente: www.redearmela.org