Ana Miranda
Ana Miranda

Son unha muller galega, nacionalista, de Vigo, nada en Cuntis en 1971. Crieime nas Travesas en Vigo, formándome nos centros públicos Emilia Pardo Bazán (Chouzo) e Santa Irene, que tanto marcaron a miña formación futura. Logo estudei Dereito en Santiago e Alemania (Passau) e rematei en Lovaina para vir especializarme en Dereito europeo, mentras coidaba un meniño como au pair. O periplo de Bruxelas levoume a facer prácticas no Consello de Ministros nás áreas de política social e cohesión, a ter a bolsa Leonardo nunha consultora europea e logo a traballar nas institucións comunitarias, onde tiven o privilexio de traballar co compañeiro Camilo Nogueira na súa etapa de eurodeputado do BNG entre o 1999 e 2004.
Nestes últimos anos exercín a representación do BNG en Bruxelas mediante os acordos en coalición con outras formacións políticas, primeiro con Galeuscat (2004-2009), e despois con Europa dos Pobos – Verdes (baixo a cal concurrimos ás eleccións de 2009 con ERC, Aralar, Eusko Alkartasuna, CHA e os Verdes). Tamén exerzo a función política de Vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE), o partido político europeo no que está integrado o BNG. Desde xaneiro deste 2012, o Bloque volve a ser oficialmente membro da Eurocámara, o que nos da un plus de capacidade política para actuar na defensa de Galiza tamén en Bruxelas.
Son unha persoa perserverante e optimista que gosta de falar coa xente. Vivo entre Bruxelas e Galiza coa miña filla de 8 anos que me enche a vida coa súa inquietude e espontaneidade.
Sobra decir que, nesta nova etapa, redobrarei os esforzos para que as problemáticas e inquedanzas das galegas e dos galegos sexan escoitadas e tidas en conta na Unión Europea. Grazas adiantadas en nome do BNG polo apoio e o interese de todas e de todos vós, neste escano do pobo galego.
Fuente: www.anamiranda.eu