Evento con
José Manuel Barreiro
Desayuno informativo del Fórum Europa Tribuna Galicia, organizado por Nueva Economía Fórum, con el patrocinio de Itínere y Audasa. Plazas Limitadas.
José Manuel Barreiro presentará a Samuel Juárez.
Ponentes
José Manuel Barreiro
Mostrar biografía
Desde 1983 impartiu docencia na Universidade de Santiago de Compostela, nun primeiro momento na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus compostelán e posteriormente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.
Así mesmo, ten participado nos órganos de xestións da citada institución universitaria como integrante do Vicerreitorado do Campus de Lugo e responsable da Sección Delegada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na capital luguesa.
Na empresa privada foi adxunto á Dirección Xeral do grupo Televés de Santiago no período 1983-1991.
Datos Políticos
1995-1999: Exerceu como 1º Tenente de Alcalde, Concelleiro Delegado de Economía e Portavoz no Concello de Lugo
Deputado no Parlamento de Galicia dende as Eleccións Autonómicas do ano 1997 ata xullo de 2007:
- V Lexislatura (1997-2001) foi Voceiro de Economía do Grupo Popular, Presidente da Comisión de Agricultura e Presidente da Comisión non Permanente de Investigación sobre as “Vacas Tolas”, Voceiro na Comisión do Consello de Contas, ademais de Vocal nas Comisión de Industria e Educación. Así mesmo foi administrador do Grupo Parlamentario Popular.
- VI Lexislatura (2001-2005) continuou como Portavoz nas Comisións de Economía e do Consello de Contas, asumindo o encargo de Vocal na de Agricultura e de Presidente na Comisión de Emigración e de a Comisión non Permanente de Investigación da Catástrofe do Prestige.
Deixou estas responsabilidades parlamentarias logo do seu nomeamento como Conselleiro de Medio Ambiente (Xaneiro de 2003 ata agosto 2005)
- Vicepresidente Segundo da Xunta de Galicia (10 setembro 2004 - agosto 2005).
- VII Lexislatura (2005-xullo 2007) Voceiro do Grupo parlamentario Popular
Cargos no Partido Popular
- Presidente provincial do PP de Lugo (desde abril 2002)
- Vicepresidente do PP de Galicia
- Membro do comité executivo nacional do PP
Na actualidade
- Concelleiro voceiro de economía do Grupo municipal Popular (16 de xuño de 2007)
- Voceiro do grupo provincial popular na Deputación de Lugo (14 de xullo de 2007)
- Senador (1 de abril de 2008) IX lexislatura. Voceiro de Economía do Grupo Popular