Pilar Rojo

Pilar Rojo

Presidenta del Parlamento de Galicia
Mostrar Biografía

Datos Académicos e Profesionais

• Arquitecto superior, titulada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, nas especialidades de edificación e de urbanismo
• Diplomas de directivo da Xunta de Galicia e diploma de Alta Dirección do Instituto Nacional de Administración Pública
• Ata 1988 traballou, como profesional liberal, nos campos da arquitectura e do urbanismo.
• Nese ano obtivo o título de funcionaria de carreira pertencente ao Corpo de Arquitectos da Facenda Pública. Entre 1989 e 1990 desenvolveu a súa actividade como arquitecta de Facenda en Palma de Mallorca
• De 1990 a 1996 exerceu como arquitecta de Facenda na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra
• En novembro de 1996 foi nomeada delegada provincial da Consellería de Cultura e Comunicación Social, cargo que ocupou ata finais de 2001
• O 20 de xaneiro de 2003 foi nomeada Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, cargo que desempeñou ata as eleccións autonómicas de 2005
• Foi membro electo do claustro constituínte da Universidade de Santiago de Compostela, en representación dos alumnos de doutoramento (1986-1988); vocal do Xurado Provincial de Expropiación Forzosa de Pontevedra (1990-1996); vocal do Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria Urbana de Baleares (1989-1990) e de Pontevedra (1990-1996)

Datos políticos

• É membro do Comité Executivo Rexional e da Xunta directiva rexional do PPdeGalicia, sendo Secretaria Executiva de Política Social, Benestar e Mocidade
• É membro do Comité Executivo Provincial (responsable da área de Xuventude e Deportes) e do Comité Executivo local de Pontevedra
• Elixida deputada por Pontevedra nas eleccións de outubro de 2001. Como parlamentaria na VI lexislatura desempeñou as funcións de Presidenta da Comisión de Educación e Cultura, Vicepresidenta da Comisión de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente e Voceira de Asuntos Europeos
• Na VII Lexislatura foi Voceira Adxunta do Grupo Popular, así como voceira nos temas de Vivenda e de Urbanismo. Foi membro da Comisión de estudo da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. Formou parte tamén das Comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos; e de Educación e Cultura;
• Presidenta do Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, elixida o 1 de abril de 2009