Emilio Pérez Touriño

Hotel Westin Palace (Plaza de las Cortes, 7)
Quinta, Maio 26, 2005 - 09:00

Conferencia-desayuno dentro del ciclo "Elecciones Gallegas 2005" del Fórum Europa. Organizada por Nueva Economía Fórum con la colaboración de Europa Press y el patrocinio de ING Direct, British Telecom y Asisa.

Emilio Pérez Touriño
Secretario General del PSdeG-PSOE y Candidato a la Presidencia de la Xunta de Galicia

mostrar biografía

Naceu en A Coruña o 8 de agosto de 1948. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Vicerrector para Asuntos Económicos. Está casado e ten dous fillos. Ten realizado estudios de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble -Francia-.

Autor de numerosos estudios sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu traballos e publicacións en relación coas infraestructuras e o crecemento económico de Galicia.

Comprometido dende a súa mocidade cos movementos democráticos de loita coas liberdades, dirixente estudiantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos pactos do Hostal que o posibilitaron.

Posteriormente, na súa traxectoria política cumpre sinalar a súa participación nos gobernos socialistas dende 1985 a 1994. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenvolver a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestructuras do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestructuras viarias e ferroviarias da modernización de España.

É precisamente como responsable de Infraestructuras dende onde asumiu a tarefa de finaliza-la Autopista do Atlántico, a execución das autovías de enlace con Galicia coa Meseta e os convenios coas grandes cidades galegas.

Na actualidade é Secretario Xeral dos socialistas galegos, Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia e Candidato Socialista á Presidencia da Xunta.